Saca a friaxe do corpo
Malandrómeda e La Phaze
este Venres 5 de Marzo na Sala Nasa, Santiago.
Archive for the 'Galego' Category
Os proximos concertos…
-23 de Xaneiro en Lalín, na Tarabela
-6 de Febreiro no Porriño, no Liceum
-14 de Febreiro en Santiago, na Sala Nasa
-19 de Febreiro en Porto, na Sala Contagiarte
E ca info, un regaliño directo do masterin,
un remix de Festa Malandrómica de
P.Damauzz, productor de Laboca, que nos convida
a unha festa mandangueira de carallo!
Por certo Laboca ainda ten fresquiño o seu
mini-LP “Las Misas”, darse vida, edición limitadisma!

Pra remata-lo 2009, un regaliño do Lino Vulcano
(que por certo ten mixtape nova co Bluemouse)
Outro dos seus machucos, esta ves xunta “Vida Extra”
cun tema clásico do grupo Hi-Gloss.
Realmente queda mallado…
E anunciarvos xa que haberá concerto
en Lalín o 23 de Xaneiro. Ala, dalle ó play!
Malandrómeda VS Hi-Gloss - Vida extra/You'll never know [4:22m]: Play Now | Play in Popup | DownloadMalándromeda inagura un novo espacio
na rede, La habitación de Felucas.
Un lugar adicado estritamente, como diría
o amigo Felix, ó “mantecón”. Xente mala.
Os perdidiños xuntaronse todos en opachavales.com
e seica veñen con forza. A ver que nos contan
en vindeiros episodios.
Dende malandromeda.com desexamoslle sorte,
Opa chavales!!

Este venres 9 de Outubro
no Superfly de Lugo
cos Juanito Broders
e Dr.Think.
Por problemas técnicos non se avisou en agosto
dos 3 concertos en Santiago no Feito a Man.
Na rúa e de moca, uns concertos distintos.
Caldeirada demostrou quen é o Rei do delay
e estivo nos mandos, máis que harcore, terrorista.
e o Hevi…unhas rapazas alcumarono
“o Randy Rhoads do Rap”. Mira ti!
O amigo Felix adicoulles un post no fotoloide e todo…
Asi que desta vez non quedará sen anunciar
o superconcerto na illa de Arousa, no cine Capitol
cos Juanito Broders e Furnier
Este sábado 19 de setembro a partires das 20h.
Con cervexa e mexilós e grupetes de rocanrol.

Malandrómeda estará na festa do CineClube de Compostela
no C.S. O Pichel, este sábado 4 de Xullo.
Se o teu son o rap e mailas pelis non deixes de vir!
No reproductor outra fozada do Lino Vulcano,
da TeMazo ContraMixtape!!
Aproveitamos pra anunciarvos un concerto en Santiago:
-na Sala Nasa o sábado 6 de Xuño cos Juanito Broders.
E unha pouca máis de promo da “Temazo.org Contramixtape”
A outra cara de 7, “Vida extra” fozada por Lino Vulcano nun
Malandrómeda VS A tribe called quest…
Queremos presentarvos o novo traballo de Lino Vulcano,
a “TeMazo.org Contramixtape“.
Unha sesión na que enfronta os rapeos de grupos de TeMazo
con bases míticas de grupos de USA.
Unha hora de música sen parar, presentada por Piker Pimp.
Poderedes atopar varios temas de Malandrómeda.
Xa a tedes a baixar de moca na seción MP3 de temazo.org
O señor Vulcano argallou cousas coma este
Malandrómeda VS. Genius/Gza & Dr Octagon
outra “Festa Malandrómica” asi e todo…

Se non podedes conseguir o último traballo
de Malandrómeda na vosa tenda de discos…
por fin está na tenda TeMazo .
Un vinilo picture de 7″ con portada 3D (inclúe lentes),
de edición limitada numerada.
A parte gráfica a cargo de Armandito G.
Unha boa peza pra a vosa coleción
Avisarvos que este sábado 14 de marzo un concerto
con Furnier e Mentenguerra no Norfolk (Santiago).

O 24 na Illa de Arousa con Furnier.
O 31 no Superclub da Coruña con Juanito Broders, presentando os novos traballos.

Frankfurt, primeira fin de semana de Outubro, Hevi e Paco…
un show michi michi Mafia Gallega/Malandrómeda no centro galego,
co Gran Purismo e peñasca, festa rachada!
O DJ e produtor NTN111 traenos este remexo de Aquel Grupo que tedes
no reproductor. Que boure!

O mestre B.Carter pon imaxes a “Home-Maquina”.
Clásico pre-Malandromeda de Caldeirada co Hevi.
Unha viaxe sicodélica polos mundos do pixel.
E abrimos a seción dos Videos.
010101010101010101010101010101010101010
Escolle:
-Flash
-iPhone
-youTube

Benvidas á nova web de Malandromeda.
Abrimos co novo traballo “7“, que mentres
que chega na sua versión en vinilo
podedes descargala en MP3.
Neste blog iremos subindo os novos
remixes e informando dos concertos.
Mais mandanga da boa en temazo.org








