Contratación

Tel.: +34 654 853 550
[email protected]

DISCOGRAFIA:
Que nos leve pra diante (vinilo 12″) – 2011
7 (vinilo picture 7″) – 2008
Chegan tarde EP (vinilo 10″) – 2006
Os estranos sempre traen malas novas (disco en soporte web) – 2006

foto by IvanNespereira

Que vai dicir o que ta vendendo a cucho…
Así­ que nada de nomes de bandas locais que ninguén lembra,
nin os anos que levan…todo o mundo ten unha formación.
Tampouco comentar outros proxectos paralelos coma Fluzo, Juanito Broders,
ou anteriores coma Nonresidentz…hai xente moito máis productiva.
Nin tan sequera imos profundizar nos 3 traballos que levan editados,
“Os estranos sempre traen malas novas”, “Chegan tarde EP” e “7″…
porque todo o mundo ten unha evolución.
Centrámonos no que esta a facer Malandrómeda hoxe,
na nova música, este maxi previo á novo disco no que están a traballar.
Máis simple, máis porco, pra xente que quere remexe-lo corpo,
menearlle a mente, e non queren distinguir entre o ben mailo mal.
Outra volta máis na rosca destes dous comedores de churrasco.
Cheira a rocanrol, pero ó rock que aprenderon do Black Elvis.
Rapeos atláticos, arriba e abaixo, dominio métrico , fondo no lóxico
e que carallo, nas letras estanche de millor humor ca nunca.
Os directos son enerxéticos, divertidos e cunha porta aberta ó espacio
exterior e máis á experimentación. Dalle graves e o delay que sobre.
Cada bolo é unha Festa Malandrómica, rap do que se baila.
A xente pregunta, como é que 2 fan tanto barullo??
Son Caldeirada e Hevi.

Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-Noncommercial 3.0 Unported License.