
DISCOGRAFIA:
-7 (vinilo picture 7″) – 2008
-Chegan tarde EP (vinilo 10″) – 2006
-Os estranos sempre traen malas novas (disco en soporte web) – 2006
PRE-MALANDROMEDA
O proxecto MALANDROMEDA nace a finais do 2005 despois das colaboracións entre CALDEIRADA e HEVI cun par de temas pra o programa de RADIO LA CARABA que leva a xente do HIGHER CLUB.
O primeiro que deu esta unión foi o traballo “OS ESTRANOS SEMPRE TRAEN MALAS NOVAS” que viu a luz en Abril do 2006. Un disco creado pra o soporte fisico dunha páxina web, no que colaboraron 11 artistas graficos ilustrando cada unha das 11 cancios.
Cada unha das páxinas web era unha canción/ilustración inseparables. Tamén colaborarón musicalmente membros dos grupos da plantilla de TeMazo.org e do colectivo DKTC.
Tamén no 2006 sae o seu seguinte traballo “CHEGAN TARDE EP“, editado en vinilo de 10″. Con moi boa acollida e aportando unha nova ferramenta pra os DJs galegos e do mundo enteiro.
MALANDROMEDA apostan pola difusion libre da sua musica na rede e a sua webmalandromeda.com é o que usan pra comunicarse co resto do planeta.
No directo buscan a frescura da tecnoloxía enpregada en vivo porque pra algo son homes maquina: HEVI, rap. CALDEIRADA, effectos. DJOSO, DJ.
A FESTA MALANDRÓMICA
Temazo.org é unha plataforma na que amosar os proxectos de distintos membros dun colectivo formado por un grupo de colegas que fan HIP HOP en Compostela, metendolle ao HIP HOP o estilo GZ de vida picheleiro e viceversa.
Atrás quedan aquelas primeiras festas na metade dos 90’s, cos nomes dos grupos variando o nome a cada concerto que se daba, os graffittis, as primeiras gravacións, as mixtapes, os corillos nas praza, etc. Todo isto sen gabarse de ser pioneiros de nada, máis sen renunciar ao camiño andado: tentamos pasalo ben.
Entre todos estes proxectos realizados ao longo dos últimos 15 anos, máis cos que se siguen a desenrolar en paralelo a día de hoxe, están as claves para comprender a FESTA-MALANDRÓMICA.

This work is licensed under a Creative Commons Attribution-Noncommercial 3.0 Unported License.









0 Responses to “???”